LUGO XA CONECTA, o autobús interactivo do Concello de Lugo estará á porta da túa casa para ensinarche as vantaxes que ofrece a Administración electrónica.
Lugo@vanza é un proxecto de modernización da Administración local do Concello de Lugo en cooperación con Cervantes, Castroverde e Guitiriz, promovido polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, para mellorar o servizo á cidadanía e cumprir os dereitos desta de resolver vía Internet os seus asuntos coa Administración.
A campaña estará en marcha ata o 31 de outubro, de luns a sábado, e visitará 130 parroquias para achegar o mundo das novas tecnoloxías ao medio rural.
Así que é o momento de que descubras os beneficios que as novas tecnoloxías poden achegarlle á túa vida.
Visítanos, e coa axuda dun monitor coñecerás as vantaxes de facer trámites co teu Concello desde a casa:
O autobús está equipado cos últimos medios tecnolóxicos, equipos informáticos e conexión a Internet, só tes que concertar unha sesión gratuíta chamando ao teléfono 010 ou 982 297 350 (se chamas desde fóra de Lugo) ou a través do web www.lugoxaconecta.org