Espazo formativo da Ludus

PARTICIPA NAS ACTIVIDADES LÚDICAS

Crea o teu blog
Blogger é o primeiro sitio que che recomendamos para crear o teu propio blog, aínda que tamén existen outras posibilidades para facelo, entre outras: blogaliza.org ou wordpress.com
My Space
En My Space poderás crear un espazo con personalidade propia, un lugar para as túas fotos, vídeos, música e compartir todo con amigos e coñecidos. É unha rede social, pero hai máis...Facebook ou Orkut
O meu Álbum
Flickr é un servizo para ter un álbum de fotos e vídeos na web e compartilos con amigos e grupos de interese. Pero podes probar tamén... Ipernity, Photobucket, 23hq ou Zoommr
Google Maps
Localiza un enderezo, planifica unha viaxe usando Google Maps, Yahoo Mapas, ou percorre o mundo con vistas en 3D en Google Earth. Desde panoramio.com tamén podes ver mapas e imaxes asociadas... Podes probar tamén Live Search Maps
Música na rede
Se queres atopar música e podcasts na rede, recomendámosche a listaxe que realizaron en podgalego.org. Atoparás unha gran variedade de música e estilos. E se queres atopar sons curiosos de diferentes partes de Galicia, visita escoitar.org

Se queres comezar creando a túa conta de correo electrónico, ou ben atopar curiosidades na rede, invitámoste a coñecer estas ligazóns que nos resultaron variadas e interesantes.

O teu enderezo electrónico
Para crear a túa primeira conta de enderezo electrónico, suxerímoste gmail ou yahoo. Preme nos enlaces e segue os pasos dos formularios.
Artigos de interese
Na web de Consumer sempre hai noticias de interese. Entre os artigos que cabe salientar, están o de consellos para contrasinais seguros, normas de comportamento nas redes sociais ou seguridade nas compras en liña
"Netiqueta"
Lembra que na rede tamén hai que seguir unhas normas de educación e "netiqueta"
Curiosidades
Podes practicar mecanografía e inglés ao mesmo tempo desde a web typeracer e tamén retocar fotos desde esta web, para que teñan un aspecto envellecido
SIXPAC
O SIXPAC é un sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas.
Buscar Traballo na rede
Podes deixar o teu currículum vitae en Infojobs ou ben en Monster.
Idiomas
Se queres aprender ou mellorar o teu inglés, podes seguir as ligazóns de este interesante artigo, que propón os podcast coma unha boa alternativa ou complemento.
Podcast
Un podcast é un arquivo mp3 que se distribúe mediante suscrición. Nesta ligazón atoparás todos os podcastes galegos. No artigo aprendo inglés tamén atoparás o que é un podcast e alguns consellos para aprender inglés.
  • Concello de Lugo - Concellería de Servizos Xerais